Transferencia e Divulgación

Transferencia e Divulgación

Coral del Río participou na xornada “Falemos de Ciencia en Igualdade”

Esta é VII edición desta iniciativa promovida desde o CINBIO, o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da UVigo, e patrocinada no marco das axudas da Unidade de Igualdade.

Ler máis
O traballo da nosa compañeira Eva Rodríguez ven de ser recollido nos medios de comunicación

Nunha recente entrevista Eva repasa as principais achegas do seu traballo, centrado na avaliación dos costes intanxibles da saúde e da dependencia.

Ler máis
Xulia González publica un artigo no que se avalían as consecuencias distributivas das subvencións ao prezo do combustible

O estudo conclúe que as subvencións temporais á gasolina implementadas polo Goberno en 2022, para mitigar os efectos da guerra en Ucraína, non son axeitadas para acadar bos resultados distributivos e ambientais.

Ler máis
O profesor Alberto Vaquero, novo director do Campus Auga

O Campus Auga é o proxecto de especialización do campus de Ourense, acreditado e financiado pola Xunta de Galicia. O noso compañeiro asume con ilusión a súa dirección do que, afirma, “ten que ser o selo de calidade para o campus de Ourense”.

Ler máis
O profesor Gonzalo Caballero accede ao corpo de Catedráticos na Universidade de Vigo

O departamento de Economía Aplicada conta cun novo catedrático despois de que se celebrase da proba de acceso na que o noso compañeiro Gonzalo Caballero obtivo a praza.

Ler máis
Carlos Gradín (como IP) xunto a Olga Alonso Villar e Coral del Río lideran desde o noso departamento un novo proxecto nacional financiado pola “Agencia Estatal de Investigación”

O obxectivo é desenvolver novas ferramentas e ofrecer evidencia empírica sobre as desigualdades económicas e as dinámicas da clase media a nivel global, e afondar nos efectos da segregación escolar sobre a desigualdade de oportunidades.

Ler máis
Un estudo baseado nos rexistros de Massó e Alfageme confirma a importancia dos salarios percibidos polas mulleres empregadas na industria conserveira galega

Elaborado por Luisa Mª Muñoz Abeledo (USC) e a nosa compañeira Mónica Carballal, o estudo estima que no periodo 1900-1960 as mulleres constituían arredor do 90% da forza de traballo e sufrían brechas salariais de xénero de ata o 60%.

Ler máis
A UVigo reunirá a entidades comunitarias para impulsar a transición enerxética desde o rural de Galicia

A iniciativa é impulsada polo “Observatorio Eólico de Galicia”, o proxecto Life EC4Rural, a spin-off da UVigo “Enerxía Comunitaria”, o Cispac e o “Observatorio dos Montes en Man Común e Baldíos”.

Ler máis
Celebrouse na Facultade de Económicas e Empresariais a Xornada Sostenibilidade na Economía Azul

O acto, inserido no marco da “Semana de la Inversión Sostenible y Responsable 2026”, foi organizado por Spainsif coa colaboración do grupo de investigación en Economía dos Recursos Naturais e Ambientais, Erenea.

Ler máis
A profesora Dolores Garza renova por seis anos o cargo como decana da Facultade de Económicas e Empresariais

Moi satisfeita polos resultados acadados, Garza agradeceu a todas as persoas que participaron nos comicios o apoio recibido.

Ler máis
A Violencia Económicas contra as mulleres foi o tema central da VII Xornada de Formación das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado

Organizada pola Delegación do Goberno en Galicia, esta xornada celebrouse no Salón de Actos da Reitoría da Universidade de A Coruña, e nela participaron a Axencia Tributaria e os profesores da UVigo Xaime Cabeza e Coral del Río.

Ler máis

1 2 3 5 Seguinte › Última »