Transferencia e Divulgación
Transferencia e Divulgación
Coral del Río participou na xornada “Falemos de Ciencia en Igualdade”
Esta é a VII edición desta iniciativa promovida desde o CINBIO, o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da UVigo, e patrocinada no marco das axudas da Unidade de Igualdade.
O proxecto “Falemos de ciencia en igualdade” xurdiu no ano 2020 para promover unha comunicación de ciencia máis inclusiva e equitativa no ámbito científico así como fomentar a visibilización das mulleres científicas. Unha formación transversal coa que, ano tras ano, o CINBIO axudar ás persoas participantes a deseñar estratexias de divulgación científica que consideren a dimensión de sexo-xénero e a perspectiva de xénero.
Nesta sétima edición falouse dende diferentes perspectivas da desigualdade de xénero, en xeral, e como afecta a sectores sociais e científicos concretos. O relatorio de Coral levou por título: “Segregación por sexo e perpetuación da desigualdade”, ao que lle seguiu os de Isabel Rebollido Vázquez (“Benestar, inestabilidade laboral e xénero na Sociedade Española de Astronomía”), María Loureiro (“Participación e nesgos de xénero na adopción de tecnoloxías sostibles”), e Iria Miguens Blanco (“Perspectiva de xénero nos servizos de urxencias e nos artigos científicos”).

