Transferencia e Divulgación
Transferencia e Divulgación
A Violencia Económicas contra as mulleres foi o tema central da VII Xornada de Formación das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado
Organizada pola Delegación do Goberno en Galicia, esta xornada celebrouse no Salón de Actos da Reitoría da Universidade de A Coruña, e nela participaron a Axencia Tributaria e os profesores da UVigo Xaime Cabeza e Coral del Río.
O relatorio presentado por Coral del Río levou por título: “Violencia económica e desigualdade de xénero: unha mirada desde a economía” e centrouse nas causas e consecuencias desta forma de violencia de xénero que ten sido tan pouco estudiada ata o momento. Os outros dous relatorios versaron sobre os riscos da violencia económica no ámbito fiscal e o papel da negociación colectiva na fenda salarial por razón de xénero.

