Transferencia e Divulgación

Transferencia e Divulgación


Un estudo baseado nos rexistros de Massó e Alfageme confirma a importancia dos salarios percibidos polas mulleres empregadas na industria conserveira galega

Elaborado por Luisa Mª Muñoz Abeledo (USC) e a nosa compañeira Mónica Carballal, o estudo estima que no periodo 1900-1960 as mulleres constituían arredor do 90% da forza de traballo e sufrían brechas salariais de xénero de ata o 60%.
Aínda así, os seus salarios eran fundamentais para a supervivencia das familias traballadoras na contorna da ría de Vigo, xa que estes ingresos cubrían un terzo dos gastos familiares. A partir dun exame de máis de 1.500 rexistros destas empresas (xunto con outras fontes históricas), as autoras tamén reconstruíron os orzamentos familiares medios destes fogares, para dous anos, 1926 e 1945, estimando que os alimentos representaban aproximadamente dous terzos do total. O estudo realizouse dentro do "Grupo de Estudos de Historia Empresarial e Sectorial: Pesca, Industria e Comercio (GESPIC)", Grupo de investigación da USC, onde Mónica Carballal realiza a súa tese de doutoramento.