Transferencia e Divulgación

Transferencia e Divulgación

O Itinerario Formativo Virtual en Xénero da UVigo xa ten novos cursos

O Itinerario, que xa vai pola 12ª edición, está composto por 23 cursos de distintos ámbitos. A catedrática do departamento de Economía Aplicada, Xulia González Cerdeira, é a responsable do curso “Economía de Xénero”.

Ler máis
Alberto Vaquero premiado na XXII convocatoria do Premio de investigación do CES sobre “Ciberseguridad: protección de los ciudadanos y crecimiento económico”

A investigación premiada leva por título: “Guardianes digitales para un crecimiento sostenible: ciberseguridad y protección ciudadana en la era de la transformación digital”.

Ler máis
Fiscalidade ambiental: esgótanse as escusas e o tempo para actuar

Este é o título do artigo publicado en EL PAÍS polo catedrático de Economía Aplicada, Xavier Labandeira, onde defende que o tempo para reducir a importante fenda existente en España entre obxectivos e políticas climáticas esgótase.

Ler máis
Unha xornada visibiliza o traballo social, económico e político para impulsar a transición enerxética local

O Observatorio Eólico de Galicia (OEGA) deu a coñecer os detalles do que será o primeiro parque eólico comunitario de Galicia, nunha xornada desenvolvida na Fac de CC. Económicas e Empresariais da UVigo.

Ler máis
Albino Prada analiza nun novo libro os retos que Galicia debe asumir para deixar de ser un país “desnortado e minguante”

A obra, titulada “Galicia. Un país desnortado e minguante”, está editada polo Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo e foi presentada na biblioteca da EMAO (Vigo) dentro do ciclo organizado polo Ateneo Atlántico.

Ler máis
Alberto Vaquero García obtivo o Primeiro Premio na categoría de Contabilidade e Sostibilidade no XXXIV Premio de Estudos Financeiros (CEF)

A investigación premiada foi elaborada xunto cos profesores María Bastida Domínguez e Miguel Ángel Vázquez Taín (ambos da USC), e leva por título: Cando a misión se converte nun propósito: medidas para un emprendemento sostible e equitativo.

Ler máis
XLVIIª edición dos Premios da Critica de Galicia

Coral del Río Otero, integrante do departamento de Economía Aplicada da UVigo, formou parte do xurado da XLVIIª edición dos Premios da Critica de Galicia, na modalidade en Investigación en Ciencias Sociais e Humanidades.

Ler máis
Novas perspectivas para investigar as desigualdades, a segregación escolar e as fendas de xénero

Coral del Río, xunto a Carlos Gradín, lideran desde o departamento de Economía Aplicada un proxecto nacional que busca desenvolver novas ferramentas e utilizar novos datos para realizar unha análise máis precisa destes fenómenos socioeconómicos.

Ler máis
Santiago Lago Peñas foi galardoado coa “Medalla de investigación Domingo García-Sabell Rivas da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC)”

O Catedrático de Economía Aplicada da UVigo (nese momento en servizos especiais na USC) obtivo a medalla Galicia de investigación 2024 no ámbito das CC. Económicas e Sociais.

Ler máis
O departamento de Economía Aplicada adhírese ao Manifesto de oposición a unha nova macro-celulosa en Galicia promovido desde a comunidade científica

No seu Consello de Departamento do 29 de xullo de 2024 aprobouse, por asentimento, asinar dito manifesto que visibiliza a desconformidade de grande parte da comunidade científica co proxecto que a empresa Altri pretende levar a cabo en Galicia.

Ler máis
O Workshop Atlántico sobre Economía Enerxética e Ambiental baixa o pano logo de 20 anos reunindo á elite da investigación climática

Durante dúas décadas reuniu en Galicia algúns dos máis destacados académicos mundiais, incluído o premio Nobel Bill Nordhaus, nos ámbitos da economía climática, ambiental e enerxética.

Ler máis

« Primeira ‹ Anterior 1 2 3 4 5 Seguinte › Última »