Transferencia e Divulgación

Transferencia e Divulgación


Santiago Lago Peñas foi galardoado coa “Medalla de investigación Domingo García-Sabell Rivas da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC)”

O Catedrático de Economía Aplicada da UVigo (nese momento en servizos especiais na USC) obtivo a medalla Galicia de investigación 2024 no ámbito das CC. Económicas e Sociais.
Para recoñecer publicamente as traxectorias senlleiras na ciencia e a tecnoloxía galegas, a RAGC creou as “Medallas de investigación da Real Academia Galega de Ciencias” identificadas con científicas ou científicos de gran relevancia, fundadores da RAGC ou elixidos como “Científicos/as do ano”. Ditas medallas recoñecen a traxectoria de científicos e científicas en activo, con actividade consolidada e desenvolvida maioritariamente en Galicia.