Transferencia e Divulgación
Transferencia e Divulgación
Fiscalidade ambiental: esgótanse as escusas e o tempo para actuar
Este é o título do artigo publicado en EL PAÍS polo catedrático de Economía Aplicada, Xavier Labandeira, onde defende que o tempo para reducir a importante fenda existente en España entre obxectivos e políticas climáticas esgótase.
"Unha vez máis repítese no Congreso o bloqueo da subida da fiscalidade dos carburantes de automoción. O contexto político cambia e os protagonistas da falta de iniciativa ou, cando isto ocorre, do veto cambian. Mesmo os motivos polos que nunca é o momento de actuar cambian: competitividade da economía, protección da industria, preocupacións de distribución, etc. Pero, en esencia, todo segue a ser igual durante tres décadas e así a fiscalidade ambiental mantén o seu papel marxinal no sistema fiscal español estando os impostos sobre os carburantes entre os máis baixos da Unión Europea.
O problema é que nos últimos anos cambiaron moitas outras cousas que fan inxustificable manter este statu quo fiscal. En primeiro lugar, xa é evidente que España é especialmente vulnerable ao cambio climático, cuxos impactos se están notando con moita intensidade e antes do previsto. […] Esta situación tamén é incompatible cos compromisos climáticos cada vez máis ambiciosos da UE para cumprir as disposicións do Acordo de París. […]”.

