Transferencia e Divulgación

Transferencia e Divulgación


Alberto Vaquero premiado na XXII convocatoria do Premio de investigación do CES sobre “Ciberseguridad: protección de los ciudadanos y crecimiento económico”

A investigación premiada leva por título: “Guardianes digitales para un crecimiento sostenible: ciberseguridad y protección ciudadana en la era de la transformación digital”.
O premio é outorgado polo Consejo Económico e Social (CES) de España e o proxecto gañador foi dirixido por Alberto Vaquero García (profesor do departamento de Economía Aplicada da UVigo), estando tamén no equipo de investigación os/as profesores/as: Alejandro Domínguez Lamela, María Bastida Domínguez, Santiago Lago Peñas, Luis Alberto Otero González, Miguel A. Vázquez Taín, María Luisa del Río Araujo, Consuelo Ferreiro Regueiro, Luis Mínguez Macho e Senén Barro Ameneiro. Nesta XXII edición o tema foi “Ciberseguridade: protección dos cidadáns e crecemento económico”. Segundo lembrou o presidente do CES no acto de entrega do premio, esta investigación é o resultado dun ano de traballo do equipo seleccionado e premiado, en estreita relación coa Comisión Científica designada polo CES.