Transferencia e Divulgación

Transferencia e Divulgación


XLVIIª edición dos Premios da Critica de Galicia

Coral del Río Otero, integrante do departamento de Economía Aplicada da UVigo, formou parte do xurado da XLVIIª edición dos Premios da Critica de Galicia, na modalidade en Investigación en Ciencias Sociais e Humanidades.
O xurado da XLVIIª edición dos Premios da Crítica de Galicia da modalidade de Investigación en Ciencias Sociais e Humanidades, formado por Miguel Anxo Bastos Boubeta, profesor de Ciencias Políticas da USC; Carlos Callón, profesor e escritor, gañador da edición anterior; Ofelia Rey Castelao, catedrática de Historia Moderna da USC; Coral del Río Otero, catedrática de Economía Aplicada da UVigo; Jesús Salgado Velo, catedrático de Psicoloxía do Traballo e Recursos Humanos da USC; María Dolores Sánchez Palomino, membro da RAG, catedrática de Filoloxía da UDC e Inma Valeije Álvarez, profesora de Dereito Penal da USC, secretaría, en representación dos Premios da Crítica de Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a: Ese vento que vai sobor da terra. A vida desmedida de Basilio Álvarez de Miguel Cabo Villaverde (Deputación de Ourense); Mulleres medievais: textos e imaxes na lírica galego-portuguesa de Esther Corral Díaz/ Yara Frateschi Vieira (coords.) (Edicións USC); Proxecto Nomes e Voces, do Grupo de Investigación Histagra (USC), coordinado polo catedrático da USC Lourenzo Fernández Prieto. Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por unanimidade o premio ao Proxecto Nomes e Voces.