Transferencia e Divulgación
Transferencia e Divulgación
Xavier Labandeira, autor principal do Quinto Informe de Avaliación (2014) e revisor editor do Sexto Informe de Avaliación (2022) do Grupo Intergubernamental de Cambio Climático (IPCC) da ONU

O Grupo Intergubernamental de Cambio Climático (IPCC) de Nacións Unidas realiza avaliacións periódicas do coñecemento existente sobre o cambio climático, os seus impactos e políticas correctoras. Nos informes de avaliación participa un limitado número de expertos seleccionados como autores ou revisores editores.
O traballo de Labandeira no Quinto e Sexto Informe de Avaliación do IPCC realizouse dentro do Grupo de Traballo 3, adicado á mitigación do cambio climático. En ambos casos Labandeira contribuíu ao capítulo referido ás políticas climáticas nacionais e subnacionais, ben como autor principal (redactor) no Quinto Informe ou como revisor editor (encargado de garantir un axeitado manexo por parte dos autores do capítulo dos comentarios externos nas distintas fases do proceso) no Sexto Informe.