Transferencia e Divulgación

Transferencia e Divulgación


Presentación do recente libro de Xose Carlos Arias

Dentro da programación do Club Faro de Vigo, o catedrático (xubilado) do Departamento de Economía Aplicada, Xosé Carlos Arias, presentou o seu último libro titulado: "O tempo é ouro. Economía e política do nanosegundo" (Transforma Editores).
"Aínda que o aumento da velocidade foi sinal da identidade do capitalismo dende as súas orixes, foi nas últimas décadas cando acadou a súa máxima expresión. Pero non todo avanza e se transforma ao mesmo ritmo: vivimos nunha época de profunda desincronización, na que a economía -e sobre todo as finanzas, para as que falar dun nanosegundo xa non é unha esaxeración-, tamén evolucionan a ritmos moito máis intensos que noutros ámbitos como a política democrática (que tamén se acelera máis e máis, pero que sempre vai por detrás). Todo o que trae consigo consecuencias de primeira orde, moitas delas moi conflitivas. Este ensaio examina a presenza de personaxes como o “cortoplacismo”, a incerteza e o crecente malestar nun escenario no que todo se move demasiado rápido”.