Transferencia e Divulgación

Transferencia e Divulgación


Olga Alonso Villar incorpórase ao consello de redacción da revista Hacienda Pública Española / Review of Public Economics

A catedrática do departamento de Economía Aplicada da UVigo ingresou recentemente no consello de redacción desta revista, referente nos estudos de economía pública en España dende hai décadas.
Na súa nova etapa editorial, a revista Hacienda Pública Española, editada polo Instituto de Estudos Fiscales (Ministerio de Hacienda), foi incrementando a súa proxección internacional tras o cambio de denominación, que agora inclúe Review of Public Economics, internacionalizando o seu consello de redacción e abríndose á publicación dun maior volume de artigos de autores/as e temáticas internacionais.