Transferencia e Divulgación

Transferencia e Divulgación


O departamento de Economía Aplicada colabora coa Asociación Economía Crítica (AEC) na súa IV Escuela de Verano

Celebrada na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela, esta cuarta edición contou coa presenza da profesora do Departamento de Economía Aplicada e membro de ECOBAS, Coral del Río.
Co obxectivo de afondar en enfoques teóricos e metodolóxicos máis amplos, como a economía poskeynesiana, a economía ecolóxica, a economía marxista, a economía feminista ou a economía institucional, a Asociación de Economía Crítica (AEC) decidiu impulsar, en 2017, a organización de Escuelas de Verano (EVE) que, con carácter bienal, están dirixidas principalmente a estudantes de posgrao. Os cursos teñen un dobre obxectivo: a) familiarizar ao alumnado de Doutoramento e Máster de calquera Universidade coas achegas á economía política desde enfoques económicos non convencionais; e, b) promover o debate científico entre docentes e estudantes, co fin de apoiar a orientación dos traballos de tese de doutoramento ou de máster. Con este ánimo, Coral del Río impartiu a conferencia titulada "Mercado de traballo: desigualdade de que? desigualdade entre quen?"