Transferencia e Divulgación

Transferencia e Divulgación


Novo ensaio de Albino Prada sobre a necesidade colectiva de cambiar de rumbo cara unha sociedade decente

O autor pecha con esta obra titulada, “¿Sociedad de mercado o sociedad decente? Crítica de la gran abducción neoliberal”, unha triloxía editada polo Servizo de Publicacións da UVigo.
A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo Yolanda Díaz asistiu en Vigo á presentación do novo libro do profesor de Economía Aplicada e ECOBAS, Albino Prada. Tratase dun ensaio no que o autor argumenta a “necesidade colectiva de cambiar de rumbo cara unha sociedade decente”, entendendo por sociedade decente aquela na que se fai un uso da riqueza que fai posible que todos os seus cidadáns, “independentemente do azar xenético, familiar, rexional, etc”, teñan as mesmas posibilidades de acadar unha vida digna. “Para conseguilo, os usos virtuosos da riqueza deben ser alimentados e potenciados por unha poderosa redistribución da mesma”. Con este ensaio o autor pecha unha triloxía iniciada co título, “Riqueza nacional y bienestar social” (2021), centrado en cuestionar a vía do crecemento económico (do PIB) como estratexia para mellorar o desenvolvemento social e ambiental, e “Trabajo y capital en el siglo XXI” (2022), centrado en denunciar as formas e mutacións da subordinación dos traballadores no hipercapitalismo dixital.