Transferencia e Divulgación
Transferencia e Divulgación
O XI EQUALITAS Workshop celebrouse no edificio Redeiras da UVigo
Organizado polos profesores do departamento de Economía Aplicada, Olga Alonso Villar, Carlos Gradín e Coral del Río, nesta ocasión a temática centrouse na desigualdade, a pobreza, a igualdade de oportunidades e o papel das políticas públicas.
Esta foi a 11ª edición dos encontros da rede de investigación EQUALITAS, que acolle a investigadoras e investigadores interesados no estudo da desigualdade e da pobreza económica, nun sentido amplo, incluíndo debates teóricos sobre aspectos metodolóxicos vinculados á súa medición, estudos empíricos sobre a distribución da renda en diversos países, avaliación de políticas públicas sociais e de mercado de traballo e análise de aspectos relacionados coa equidade no mercado laboral, entre outros temas.
O principal obxectivo de EQUALITAS é ampliar os coñecementos existentes neste campo da Economía estimulando a investigación de calidade, organizando actividades como seminarios ou congresos internacionais, formando a novos investigadores e divulgando os resultados máis innovadores entre a comunidade científica e política. Os seus membros pertencen a varias universidades públicas españolas e europeas, e desde hai anos varias delas participan en diversos proxectos de investigación coordinados, financiados actualmente pola Axencia Estatal de Investigación.

