Transferencia e Divulgación
Transferencia e Divulgación
Albino Prada presenta o seu derradeiro libro no Ateneo Atlántico
Co título, “El regreso de China. La globalización imposible”, o profesor (xubilado) do departamento de Economía Aplicada ofrécenos un novo exemplo da súa capacidade para desentrañar as claves do mundo económico actual.
Este libro, publicado polo servizo de publicacións da UVigo, analiza a transformación social que está a permitir que China recupere o dinamismo tecnolóxico e o peso económico global que xa tiña séculos atrás. Tamén mostra como, ao conseguilo, está a provocar -nestas primeiras décadas do século XXI- a ruptura da globalización capitalista comandada polos Estados Unidos.
"Quen queira comprender, sen perderse nos detalles, a extraordinaria transformación de China e o reto que representa o seu modelo autoritario tanto para as democracias liberais como para as relacións internacionais do século XXI, debería ler este ensaio. Lonxe da habitual linguaxe académica melosa, a prosa áxil do profesor Albino Prada fai que a súa lectura sexa amena e instrutiva. Lede e estaredes de acordo comigo" (Antón Costas).

