Transferencia e Divulgación
Transferencia e Divulgación
A UVigo reforza o seu compromiso coa divulgación coa publicación da 5ª edición do catálogo ‘Quero ser investigadora’
Olga Alonso Villar participa nesta nova entrega, na que o proxecto adáptase á evolución do seu público cun cambio de formato que busca achegarse á rapazada cun audiolibro, narrado polas propias protagonistas, e unha versión de lectura fácil.
Nesta edición, dez investigadoras da UVigo comparten o seu camiño cara á ciencia desde ámbitos tan diversos como a astrofísica, a economía, a comunicación, o dereito ou a nanotecnoloxía. “Os camiños que seguen estas mulleres son múltiples e amosan que non hai unha única maneira de chegar á investigación, senón que cada traxectoria está atravesada por decisións persoais, curiosidades, obstáculos superados e paixón polo coñecemento”, subliñan dende a UCC+i.
A economista do departamento de Economía Aplicada e de ECOBAS, Olga Alonso Villar, confesa que a súa vocación naceu do interese pola xustiza social e que, aínda que de nena dubidaba entre varias profesións, foi un docente quen lle abriu o camiño cara ás Matemáticas e, desde aí, á Economía.
Financiado pola FECYT, Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología - Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades, o catálogo forma parte das actividades do Plan de Ciencia de Ida e Volta da Unidade de Cultura Científica, UCC+i, da UVigo.

