Transferencia e Divulgación
Transferencia e Divulgación
A Universidade de Vigo únense ao brinde pola ciencia do festival de divulgación Pint of Science
Con máis dun milleiro de eventos en 75 localidades, o festival de divulgación científica Pint of Science encherá de ciencia bares de toda España. Persoal investigador da UVigo impartirá charlas os días 19, 20 e 21 de maio en bares de Vigo e Ourense.
Esta será a décima edición en España dun evento que naceu en 2013 en Reino Unido. A través de charlas divulgativas, monólogos ou experimentos de entre 20 e 30 minutos de duración, investigadoras e investigadores de todas as áreas de coñecemento compartirán o seu traballo nun ambiente moi diferente ao habitual. Detrás desta iniciativa está unha asociación sen ánimo de lucro que conta con arredor de 600 voluntarios que fan posible esta décima edición en España.
A Universidade de Vigo únese a este evento coa participación dos seus investigadores e investigadoras. Nunha das sedes da edición viguesa de Pint of Science, o café Vitruvia, intervirá o día 19 a profesora do departamento de Economía Aplicada e membro de ECOBAS, Coral del Río, que falará sobre segregación escolar por estatus migratorio na Unión Europea.

