Transferencia e Divulgación
Transferencia e Divulgación
A Universidad de León concede o III Premio ‘Diversa e Igual’ á investigadora Coral del Río Otero
A primeira edición deste premio xurdiu en 2020 e participan nel a Unidad de Igualdad, a Defensoría de la Comunidad Universitaria e as vicerreitorías de Responsabilidad Social, Cultura y Deporte, e de Relaciones Institucionales y con la Sociedad.
O Premio Diversa e Igual celébrase anualmente e está dotado cun gravado da artista leonesa Carmen García no que aparecen dúas figuras nunha conversa distendida, coa que a autora quere representar o valor do diálogo, a tolerancia, a confianza e a amizade. A obra de Carmen García tamén simboliza –segundo os seus organizadores– “a sororidade, a irmandade entre mulleres, a axuda mutua e o valor da suma e a asociación para acadar dereitos e igualdade. Ese empoderamento que transcende o individuo, a través do cal cada muller descobre a súa forza e poder persoal, para propoñer o empoderamento colectivo e o descubrimento da forza da unidade para cambiar o mundo”.