Transferencia e Divulgación
Transferencia e Divulgación
Xavier Simón dirixe o Observatorio Eólico de Galicia
Creado en 2019, o Observatorio é un grupo de traballo cuxa principal función e contribuír á transición enerxética xusta mediante o asesoramento ás comunidades locais sobre os procesos de implantación de parques eólicos. Conta co apoio de tres entidades privadas: a Fundacións Isla Couto, a Fundación Juana de Vega e a Fundación Paideia Galiza.
O Observatorio ten por obxecto realizar investigacións sobre o sector eólico en Galicia co gallo transferir coñecemento entre os axentes participantes, ademais de favorecer a transparencia dos procesos de ocupación de terreos destinados a parques eólicos e identificar e amosar os impactos positivos que a enerxía eólica xera no mundo rural.
Alén desta función principal, o OEGA abriu procesos de cocreación cos comunidades locais para definir estratexias que permitan iniciar as iniciativas comunitarias de promoción de parques eólicos en Galicia.