Transferencia e Divulgación
Transferencia e Divulgación
Xavier Labandeira, novo secretario xeral do Policy Outreach Committee
O director de ECOBAS, Xavier Labandeira, acaba de ser nomeado novo secretario xeral do Policy Outreach Committee da Asociación Europea de Economistas Ambientais e dos Recursos (EAERE). A súa misión é, entre outras, a de achegar o traballo dos especialistas aos decisores políticos.
Como entidade asociativa no eido científico internacional, EAERE traballa cos obxectivos de contribuír ao desenvolvemento e aplicación da economía climática, ambiental e dos recursos como ciencia en Europa; estimular e mellorar a colaboración e a comunicación entre o mundo académico, o persoal investigador, os decisores políticos e o estudantado da economía ambiental, climática e dos recursos nos diferentes países de Europa, así como para desenvolver e estimular a cooperación entre universidades e centros e institutos de investigación en Europa.