Transferencia e Divulgación
Transferencia e Divulgación
Olga Alonso Villar é convidada polo European Institute for Gender Equality (EIGE) para participar nunha xornada sobre segregación escolar e laboral en Vilna (Lituania).
A convocatoria tivo como obxectivo debater os primeiros resultados dun informe do instituto EIGE, titulado “Study and work in the EU: set apart by gender”, sobre os avances en materia de igualdade de xénero no marco da Unión Europea. Este instituto elabora regularmente informes para as diferentes Presidencias do Consello da UE. Neste caso, o estudo realizouse a petición da presidencia de Estonia, que mostrou un especial interese pola segregación laboral por xénero, así como pola relación que este problema garda coas diferenzas entre mulleres e homes no tipo de estudos universitarios cursados e no acceso a cursos de formación nas empresas. No evento participaron a Ministra de Asuntos Sociais de Estonia, Kathlin Sander, así como a Ministra de Educación e Investigación de Suecia, Anita Carlstedt.