Transferencia e Divulgación

Transferencia e Divulgación


Máis aló do prato, unha guía para a educación ambiental e os cambios estruturais no sistema alimentario

O Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía, en colaboración coas Universidades de León e de Oviedo e coa Cooperativa SomosTerra, participou na iniciativa 'En Galego! Investigación e divulgación científica da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, e como resultado publicouse a guía Máis aló do prato.

Na guía realízase un diagnóstico do sistema alimentario, resaltando as súas principais ineficiencias e inxustizas: ambientais, socias e económicas. A guía realiza unha análise estatística rigorosa, pero simple, e apóiase en numerosas referencias bibliográficas procedentes de estudos de prestixios realizados en moitos lugares do mundo. Esta guía propón que o estudantado e as comunidades estudantís dos centros de ensino medio, onde están incluídas as familias, pensen de forma colectiva sobre cal é a forma dominante de alimentación na contorna, sobre cales son os efectos que sofre o medio rural desa mesma contorna e pense criticamente sobre somo construír outro sistema alimentaria.

A partir desa información, e coa dirección das compañeiras de SomosTerra SCG, preséntanse 12 actividades didácticas para seren reproducidas nos centros de ensino medio. Entre elas salientamos: Revisando as etiquetas dos produtos industrializados que comemos; Onde se produce e onde mercamos?; Explorando o territorio que nos alimenta; Concurso a «comida» que comemos; varios “Xogos” como Alimenta a acción, etc.