Transferencia e Divulgación

Transferencia e Divulgación


Coral del Río Otero participa na terceira edición do catálogo ‘Quero ser investigadora’

O obxectivo do catálogo é fomentar as vocacións científicas entre a mocidade, visibilizando o traballo das investigadoras e proporcionando referentes actuais nas ciencias.

A publicación foi coordinada pola Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo e financiada pola FECYT dentro das actividades do plan de Ciencia de Ida e Volta.

Está dirixida ao alumnado de Secundaria, tanto ESO como Bacharelato, e distribúese nos institutos, xa que como destacan dende a Unidade Científica, “o obxectivo é chegar á rapazada e ensinarlles que a investigación está ao seu alcance a través do exemplo de dez mulleres que soñaron con ser científicas e investigadoras e foron quen de conseguilo”.

Nesta terceira edición do catálogo as protagonistas son Ángeles Sanromán, Aurora García, Irimia Mollinedo, Laura Movilla, María Gómez, María José Vázquez, Marina Núñez, Coral del Río, Verónica Salgueiriño e Pino Díaz. As súas traxectorias céntranse en eidos diversos, dende as matemáticas e a química, ata arte, a comunicación, a economía ou o dereito, e elas mesmas, en primeira persoa, son as que relatan nesta publicación as súas historias.