Transferencia e Divulgación
Transferencia e Divulgación
Alberto Vaquero García obtivo o Primeiro Premio na categoría de Contabilidade e Sostibilidade no XXXIV Premio de Estudos Financeiros (CEF)
A investigación premiada foi elaborada xunto cos profesores María Bastida Domínguez e Miguel Ángel Vázquez Taín (ambos da USC), e leva por título: Cando a misión se converte nun propósito: medidas para un emprendemento sostible e equitativo.
O premio é convocado polo Centro de Estudios Financieros (CEF) e segundo explican os autores do proxecto vencedor: "o noso estudo aborda as diferenzas de xénero no emprendemento, explorando as motivacións persoais, as barreiras percibidas e os facilitadores e como poden influír na intención emprendedora. Ademais, destacamos o papel fundamental que xogan os modelos de Economía Social e Solidaria (ESS) na preferencia das mulleres polo emprendemento a través de empresas que promovan un enfoque máis sostible".

