Xulia González Cerdeira
Catedrática de Universidade
Doutora en Economía, a súa investigación principal desenvolveuse no campo da Economía Industrial Empírica, centrada na análise das estratexias empresariais. Os seus traballos de investigación teñen analizado cuestións relativas á efectividade das subvencións públicas nas actividades de I+D das empresas ou o efecto da dualidade no mercado de traballo sobre a produtividade das empresas. Máis recentemente a súa investigación aborda o estudo das estratexias de prezos e a súa relación co poder de mercado e a política de competencia. A súas contribucións mais relevantes foron publicadas en revistas como: Rand Journal of Economics (2005); Labour Economics (2012); Journal of the Spanish Economic Association (2018); International Journal of Industrial Organization (2019) ou The Energy Journal (2023). Foi profesora visitante no Departamento de Economía da Universidd de Harvard, Northeastern University; University College Dublin; e da Universidade de Southampton. Foi membro do Claustro e do Consello de Goberno da Universidade de Vigo. Actualmente é investigadora principal do grupo GRiEE e membro do comité executivo de COSME (Comité sobre a situación da Muller na Economía).

Información de contacto

Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Universidade de Vigo
36310-Vigo
Despacho 419
+34 986 812516
xgzlez@uvigo.gal
Despacho Virtual
Sala 1150