Xavier Simón Fernández
Catedrático de Universidade

Doutor en Economía Ecolóxica pola UVIGO. É director do grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía desa Universidade e secretario do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC).

É o responsable do Observatorio Eólico de Galicia. O OEGA, orixinado en 2019, é un grupo de traballo financiado polas Fundacións Isla Couto, Juana de Vega, e Paideia Galiza que ten como principal función o asesoramento das comunidades rurais e locais que se ven afectadas polos parques eólicos. Na actualidade é o coordinador do proxecto Life financiado pola Unión Europea na convocatoria de 2022, titulado “Fostering local engagement for Clean Energy Transition in Rural Areas through Energy Communities”, vixente entre 2023 e 2027.

Información de contacto

Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Universidade de Vigo
36310-Vigo
Despacho 415
+34 986 812512
xsimon@uvigo.gal
Despacho Virtual
Sala 2453