Persoal
Catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Vigo e director do centro interuniversitario galego de investigación en ciencias sociais ECOBAS. Tamén director de Economics for Energy, un centro de investigación privado especializado na análise das cuestións enerxéticas. Investigador afiliado ao CEEPR do MIT e membro do Consello Científico do Real Instituto Elcano. Formou parte do Grupo Intergubernamental sobre Cambio Climático da ONU (IPCC) para a elaboración dos seus Quinto e Sexto Informes de Avaliación (respectivamente completados en 2014 e 2022). Asemade, dirixiu a Florence School of Regulation-Climate no European University Institute de Florencia entre 2014 e 2017. A súa investigación sitúase na fronteira entre a economía climática, pública e enerxética.
É membro do 'Policy Outreach Committee' da Asociación Europea de Economistas Ambientais (EAERE) desde 2018. A Real Academia Galega de Ciencias concedeulle a medalla á traxectoria investigadora no ámbito económico e das ciencias sociais na sua primeira edición (2019).
Información de contacto
Sala 1324