Olga Alonso Villar
Catedrática de Universidade

Doutora en Economía pola Universidad Carlos III de Madrid e licenciada en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballa no campo da desigualdade económica dende unha perspectiva ampla que abrangue: a) as disparidades territoriais en niveis de produción, b) a desigualdade de ingresos da poboación e c) as desigualdades laborais por razón de xénero, raza/etnia, orientación sexual, nacionalidade e clase. As súas aproximacións a estas cuestións teñen tanto un carácter metodolóxico como empírico. Entre as súas aportacións metodolóxicas destaca o desenvolvemento de modelos de equilibrio xeral para analizar a concentración espacial da produción, así como a elaboración de diferentes medidas de desigualdade monetaria e segregación laboral. Os seus traballos empíricos están centrados nas economías española e estadounidense, aínda que tamén ten feito análises sobre a economías galega e australiana.

Foi co-xestora dos proxectos de retos e excelencia do plan nacional (2016-2017) e membro do consello editorial de Papers in Regional Science (2009-2015).

Actualmente forma parte do Centro de Investigación Interuniversitario ECOBAS.

Información de contacto

Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Universidade de Vigo
36310-Vigo
Despacho 333
+34 986 812507
ovillar@uvigo.gal
Despacho Virtual
Sala 67