Miguel Rodríguez
Catedrático de Universidade

A súa formación académica foi completada en Vigo e Londres.

Os seus intereses, tanto en investigación como na docencia, centrase no campo da Economía Circular (enerxía e cambio climático, biomasa, auga, materiais), métodos de análise (e.g. métricas de eficiencia e produtividade, simbiose análise de ciclo de vida e custe beneficio), e mais en métodos de simulación en economía (equilibrio xeral/parcial, econometría, etc.).

É director de grupo de investigación GEN - Governances and Economic Research Network (Universidade de Vigo), e actualmente forma parte do Centro de Investigación Interuniversitario ECOBAS.

Ten participado en múltiples proxectos de investigación, e particularmente da Comisión Europea onde tamén teen sido avaliador, e mais actividades de transferencia do coñecemento (difusión, consultoría, etc.), como por exemplo a elaboración da Estratexia Galega de Economía Circular 2030 para a Xunta de Galicia.

Información de contacto

Facultade de CC. Empresariais e Turismo
Campus de Ourense
32004 - Ourense
Despacho E/3-21
+34 988 368760
miguel.r@uvigo.gal
Despacho Virtual
Sala 2241