Persoal
Catedrático de Universidade en Economía Aplicada e, dende 2019, Profesor Emérito da Universidade de Vigo.
Como investigador, desenvolveu o seu traballo no campo da Economía dos Recursos Naturais. Nesta dirección, abordou temas como: Xestión de pesquerías e da acuicultura, Aspectos institucionais na regulación marítima, Mercados e tendencias comerciais, Políticas marítimas comunitarias, ou Aspectos ambientais na regulación económica do medio mariño. Con este perfil, está integrado no grupo de investigación ERENEA, da Universidade de Vigo, e forma parte do Centro de Investigación Interuniversitario ECOBAS.
Cumpriu tarefas docentes en materias diversas de Licenciatura, Grao, Doutoramento e Máster dentro do ámbito da Economía Aplicada. Desenvolveu tarefas de xestión académica xeral ou en cargos unipersonais, sendo o primeiro Decano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo (1987-90), e director do Departamento de Economía Aplicada de Vigo (durante 5 años). Foi (2011-16) membro da Comisión Executiva do Campus do Mar (Campus de Excelencia Internacional), sendo Coordinador e presidente da Comisión Académica do Programa de Doutoramento do Campus (Marine Science, Technology and Management). Perteneceu ou foi membro de Consellos editoriais de varias revistas científicas. Exerceu (2005-07) como director-xerente do Centro Tecnológico del Mar. Foi fundador e vicepresidente da Asociación Hispano Portuguesa de Economía de los Recursos Naturales y Ambientales (2008-12), e foi socio fundador da Asociación Libre de Economía (ALDE) e da Revista de Economía Aplicada ligada a esa asociación.
Información de contacto