Juan Pintos Clapés
Profesor Contratado Doutor

Doutor en Economía pola Universidade de Vigo. O seu traballo de investigación sitúase principalmente no ámbito da teoría económica, centrándose na análise das propiedades dos equilibrios en modelos económicos de equilibrio xeral dinámico. Tamén ten participado, no campo da economía aplicada, en diversos proxectos de investigación relacionados coa economía dos recursos naturais. Na súa labor como docente imparte, entre outras, materias como Econometría no grao en ADE e Principios de Economía no grao en Dereito.

Actualmente forma parte do Grupo de Investigación ERENEA (Economía dos Recursos Naturais e Ambientais).

Información de contacto

Facultade de CC. Empresariais e Turismo
Campus de Ourense
Despacho 5.10
+34 988 368772
jpc@uvigo.gal
Despacho Virtual
Sala 2012