Persoal
Doutor en Economía pola Universidade de Vigo. A súa especialización investigadora xira en torno á Economía dos recursos naturais e á Economía sectorial. As súas principais liñas de investigación focalízanse na análise, xestión e ordenación dos recursos naturais renovables (nomeadamente os pesqueiros); e en estudos de impacto socioeconómico dos sectores económicos vinculados coa Economía Azul. Nos traballos publicados fixéronse tanto achegas metodolóxicas como estudos de caso aplicados a Galicia, España e Europa.
Dende a súa creación forma parte do grupo de investigación ERENEA (Economía dos Recursos Naturais e Ambientais) da Universidade de Vigo. Actualmente forma parte do Centro de Investigación Interuniversitario ECOBAS. Foi decano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (1997-2000) e director do Departamento de Economía Aplicada (2002-2005) da Universidade de Vigo. No período 2005-2009 foi Presidente da Autoridade Portuaria de Marín e ría de Pontevedra en situación de servizos especiais.
Información de contacto
Sala 2518