Persoal
Fidel Picos
Profesor Titular de Universidade (en servizos especiais)
Doutor en Economía pola Universidade de Vigo. Actualmente en servizos especiais na Unidad de Política Fiscal del Centro Común de Investigación de la Comisión Europea, onde coordina o desenvolvemento de EUROMOD, o modelo de microsimulación da Unión Europea. Anteriormente foi colaborador externo do Instituto de Estudios Fiscales e consultor do Centre for Tax Policy and Administration da OCDE.
A súa investigación céntrase no estudo das reformas fiscais e os seus efectos distributivos, mediante técnicas de microsimulación. Realizou traballos de investigación sobre a fiscalidade da renda das persoas físicas, fiscalidade ambiental, fiscalidade turística, fiscalidade do consumo e socioloxía fiscal. Tamén ten experiencia na análise de prestacións sociais e rendas mínimas garantidas.
Información de contacto
European Commission - Joint Research Centre
Edificio EXPO
c/ Inca Garcilaso 3, 41092 Sevilla
Despacho 63
+34 954 487166
fidel.picos@ec.europa.eu