Eva Rodríguez Míguez
Catedrática de Universidade

Doutora en Economía pola Universidad Complutense de Madrid. As súas principais liñas de investigación enmárcanse no campo da Economía da Saúde, destacando as súas investigacións na medición da calidade de vida no ámbito económico. Tamén traballou en temas relacionados coa priorización de pacientes, ponderacións de equidade no análise custo-efectividade, estudos do custo social da enfermidade, medición da dependencia e medición da calidade de vida no ámbito das drogadiccións. A súa investigación máis recente enfocouse na medición dos custos da soidade non desexada e na validación para España do instrumento ASCOT, destinado a valorar a calidade de vida relacionada cos coidados recibidos por persoas dependentes.

Actualmente é investigadora do centro de investigación ECOBAS e codirixe o grupo interdisciplinar “Calidade de Vida e Economía da Saúde” (QoLE) do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur. Obtivo diferentes premios entre os que destaca o da Asociación de Economía de la Salud ao mellor artigo de economía da saúde.

Información de contacto

Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Universidade de Vigo
36310-Vigo
Despacho 334
+34 986 813529
emiguez@uvigo.gal
Despacho Virtual
Sala 2242