Coral del Río Otero
Catedrática de Universidade

Doutora en Economía pola Universidad Carlos III de Madrid. O seu traballo aborda o estudo das desigualdades económicas, sendo as súas principais liñas de investigación, a economía da desigualdade e a pobreza, o estudo das interaccións entre economía e xénero, e a análise distributiva do mercado de traballo (desemprego, discriminación salarial e segregación ocupacional por sexo, raza, status migratorio e orientación sexual). Nestes traballos fixéronse tanto achegas metodolóxicas como estudos empíricos sobre Galicia, España, Europa e Estados Unidos.

Actualmente forma parte do Centro de Investigación Interuniversitario ECOBAS e pertence ao Consello Editorial da revista Feminist Economics (asociada á International Association for Feminist Economics, IAFFE). Foi a primeira directora da Área de Igualdade da Universidade de Vigo. En 2016 foi galardoada co “IV Premio á Igualdade Ernestina Otero Sestelo”, outorgado polo Concello de Vigo.

Información de contacto

Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Campus de Vigo
36310-Vigo
Despacho 467
+34 986 812514
crio@uvigo.es
Despacho Virtual
Sala 628