Carlos María Fernandez-Jardón
Catedrático de Universidade

Doutor en Economía e en Matemáticas pola Universidad de Navarra. Actualmente é catedrático de Econometría na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo e membro do instituto de investigación ECOBAS. Realizou numerosas investigacións no campo da economía aplicada, con publicacións en revistas de impacto nas áreas de capital humano, liderazgo e cultura empresarial.

Colaborador en diferentes proxectos de investigación sobre as empresas galegas e en proxectos sobre estudos rexionais e empresariais e en estudos sobre a transición ao emprego verde en Madrid. Tamén traballa en proxectos de cooperación en Brasil, Arxentina e Paraguai, para o desenvolvemento de plans estratéxicos en cadeas empresariais e proceso de integración produtiva transfronteiriza no Paraná. Colaborou en plans estratéxicos rexionais de zonas de Galicia e Latinoamérica.

Impartiu cursos sobre análise econométrica aplicada ao emprego rexional, con especial incidencia no capital intelectual en clústeres empresariais. Tamén foi director de diversas teses doutorais no campo da economía aplicada, moitas delas orientadas ao capital humano e o emprego.

Información de contacto

Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Campus de Vigo
36310-Vigo
Despacho 442
+34 986 812491
cjardon@uvigo.gal
Despacho Virtual
Sala 892