Begoña Álvarez
Titular de Universidade

Doutora en Economía pola Universidad Carlos III de Madrid (con Premio Extraordinario). As súas principais liñas de investigación enmárcanse dentro da economía da familia, a economía da saúde e a análise de benestar individual (a través de medidas subxectivas). Nos seus traballos, aplica ferramentas microeconométricas para estudar as decisións de asignación de tempo no fogar, os determinantes da utilización de servizos sanitarios en países desenvolvidos e en vías de desenvolvemento, os factores que explican o benestar subxectivo e a importancia do capital humano en economías preindustriales, entre outros. Algunhas das súas publicacións foron recoñecidas cós premios Fundación Empresa Pública, Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria e o Premio Earl J. Hamilton da Asociación Española de Historia Económica.

Fóra do ámbito académico, traballou como Vogal Asesora na Oficina Económica del Presidente del Gobierno na área de saúde e política social (2009-2011).

Información de contacto

Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Campus de Vigo
36310-Vigo
Despacho 337
+34 986 813532
alvarez@uvigo.gal
Despacho Virtual
Sala 82