Alberto Gago Rodríguez
Catedrático de Universidade

Alberto Gago Rodríguez (Vilanova de Arousa, 1956) é doutor en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela (1983) e catedrático de Facenda Pública da Universidade de Vigo desde 1994. Nesta universidade foi director do Departamento de Economía Aplicada. durante o período 1995-2000, vicerreitor de Planificación e Asuntos Económicos (2002-2006) e reitor (2006-2010). Noutros ámbitos, foi membro do Consello Económico e Social de Galicia, do Consello da Cultura Galega, do Consello Científico do Instituto de Estudos Económicos de Galicia, e presidente da Asociación Española de Economía de la Energía e do Comité Científico dos Encuentros de Economía Pública. O seu traballo investigador desenvolveuse nos ámbitos da incidencia fiscal, a reforma fiscal e a fiscalidade enerxética-ambiental, publicando máis dun centenar de libros, capítulos de libros e artigos en revistas científicas. Como experto nestes temas, participou no grupo de estudo Fiscalidad comparada, do Ministerio de Economía y Hacienda, no equipo de Fiscalidad de la Energía y Desarrollo Energético, do Instituto de Estudios Fiscales, e no grupo para a reforma fiscal da Fundación Iniciativas, que publicou o informe Una propuesta para la reforma fiscal en España.

Na actualidade é membro do grupo de investigación REDE (http://rede.uvigo.es/) e investigador afiliado do Centro de Investigación Economics for Energy (https://eforenergy.org/equipo.php). Desde diciembro de 2021 é miembro numerario da Real Academia Galega de Ciencias.

Información de contacto

Facultade de CC. Económicas y Empresariales
Campus de Vigo
36310-Vigo
Despacho 422
+34 986 812519
agago@uvigo.gal
Despacho Virtual
Sala 963