Transferencia e Divulgación
Transferencia e Divulgación
Púxose en marcha o estudo titulado “Percepción cidadá e calidade de vida en Vigo”
A profesora Mar González Savignat e o noso compañeiro Alessandro Indelicato dirixen este estudo, que ten como obxectivo avaliar como perciben a súa calidade de vida as e os residentes en Vigo, a partir de datos recollidos mediante unha enquisa.
Tal e como se indica na enquisa: "O obxectivo deste estudo é analizar con rigor as percepcións dos e das residentes en Vigo sobre diversos aspectos da vida urbana, incluíndo a calidade de vida, o acceso á vivenda, o custo da vida, o turismo, a mobilidade, a inmigración, a situación económica, a confianza nas institucións, a vida no barrio, a cohesión social e as prioridades para mellorar a cidade".
A participación está aberta a calquera persoa maior de 18 anos que resida en Vigo. A enquisa permanecerá aberta ata o 15 de decembro de 2026.

