Transferencia e Divulgación

Transferencia e Divulgación


O traballo da nosa compañeira Eva Rodríguez ven de ser recollido nos medios de comunicación

Nunha recente entrevista Eva repasa as principais achegas do seu traballo de investigación centrado na avaliación dos costes intanxibles da saúde e da dependencia.
Como medir a calidade de vida asociada a situacións de dependencia, como cuantificar con rigor os custos sanitarios da soidade non desexada ou como abordar a calidade da atención nas residencias de maiores desde unha perspectiva ampla —que incorpore factores como a nutrición, a autonomía concedida ás persoas residentes e o grao de satisfacción coas actividades— son algunhas das súas principais achegas na investigación realizada ata o de agora.