Transferencia e Divulgación
Transferencia e Divulgación
O profesor Alberto Vaquero novo director do Campus Auga
O Campus Auga é o proxecto de especialización do campus de Ourense, acreditado e financiado pola Xunta de Galicia. O noso compañeiro asume con ilusión a súa dirección do que, afirma, “ten que ser o selo de calidade para o campus de Ourense”.
Dirixir este campus de especialización, sinala Alberto Vaquero, “é un reto moi importante para calquera e espero que grazas ao traballo de todos os que formamos parte deste ilusionante proxecto, academos o mellor para el”. Neste senso, apunta que “eu son un xogador de equipo e dende logo teño claro que só aportando entre todos e todas se logran bos resultados”.
O principal obxectivo a medio e longo prazo é fomentar unha maior colaboración entre as súas actuacións, tanto nas chamadas liñas de especialización (alimentación funcional, agricultura e medio ambiente e xestión do auga termal), como nas áreas de soporte (intelixencia artificial, economía circular e lexislación agroalimentaria e medio ambiental).

