Transferencia e Divulgación
Transferencia e Divulgación
Celebrouse na Facultade de Económicas e Empresariais a Xornada Sostenibilidade na Economía Azul
O acto, inserido no marco da “Semana de la Inversión Sostenible y Responsable 2026”, foi organizado por Spainsif coa colaboración do grupo de investigación en Economía dos Recursos Naturais e Ambientais, Erenea.
A xornada foi un punto de encontro para o amplo número de representantes do sector pesqueiro, financeiro e institucional. Esta iniciativa forma parte dun programa que cada ano se celebra nunha cidade española co obxectivo de fomentar o coñecemento, o diálogo e o intercambio de boas prácticas sobre a integración dos criterios ambientais, sociais e de bo goberno (ASG) nas decisións de investimento.
Dolores Garza, investigadora principal do grupo Erenea e integrante do departamento de Economía Aplicada, explicou na apertura das xornadas que a organización deste encontro responde á relevancia que teñen as actividades vinculadas ao mar na economía galega e, especialmente, na área de Vigo.

