Transferencia e Divulgación
Transferencia e Divulgación
O Workshop Atlántico sobre Economía Enerxética e Ambiental baixa o pano logo de 20 anos reunindo á elite da investigación climática
Durante dúas décadas reuniu en Galicia algúns dos máis destacados académicos mundiais, incluído o premio Nobel Bill Nordhaus, nos ámbitos da economía climática, ambiental e enerxética.
Segundo o catedrático do departamento de Economía Aplicada, Xavier Labandeira Villot, foi “un instrumento crucial para facernos avanzar na investigación e na transferencia do coñecemento, ao permitirnos interaccionar en profundidade coa vangarda científica internacional neste campo”.
Organizado por Economics for Energy coa colaboración de ECOBAS, REDE e a UVigo, o Atlantic Workshop on Energy and Environmental Economics despedirase cunha derradeira edición que se celebrará na Toxa, e na que se dará cita unha nova xeración de investigadores e investigadoras que traballan na fronteira do coñecemento, empregando novas aproximacións empíricas e aproveitando o volume inxente de datos dispoñibles. “As sesións convidadas reúnen dez investigadores sénior das principais universidades europeas e americanas que tratarán temas de moita actualidade, como a promoción das renovables e eficiencia enerxética ou os problemas e posibles solucións a unha axeitada colaboración internacional para abordar o cambio climático”, detalla Labandeira.

