Transferencia e Divulgación
Transferencia e Divulgación
As mulleres lideran na UVigo as axudas da Xunta para persoal investigador con traxectoria excelente
A Xunta de Galicia financiará con 660.000 euros cinco proxectos de persoal investigador da UVigo con traxectoria excelente, dos que catro están liderados por mulleres. Unha delas é Elena Ojea, integrante do CIM e do departamento de Economía Aplicada.
No caso de Elena Ojea a axuda vai dirixida á posta en marcha do proxecto Adaptación e transformación da pesca artesanal ante o cambio climático. “Grazas o proxecto ERC CLOCK, agora sabemos que baixo escenarios futuros de cambio climático as medidas de adaptación actuais resultarán insuficientes e será necesario un cambio transformador nos medios de vida dependentes dos recursos mariños polo que o obxectivo deste novo proxecto vai dirixido a entender os determinantes das respostas de adaptación ou transformación dos pescadores e mariscadoras”, explica Ojea, quen subliña que para isto seguirán traballando en tres lugares: pesca artesanal en Galicia, en Nayarit (México) e en Shikoku (Xapón).

