Persoal

Na tese de doutoramento desenvolveu metodoloxía para analizar a produción forestal sen mercado. Posteriormente extendeu a labor investigadora ó mercado da madeira en Alemaña e Galicia (principais especies e exportación de pasta de celulosa) e ós incendios forestais. Tamén investigou determinantes da demanda de turismo con estudos empíricos en España, Galicia, Portugal e Cabo Verde. Ampliou a súa formación doutoral e posdoutoral nas Universidades Albert-Ludwigs-Freiburg, Georg-August-Göttingen, Leibniz-Hannover e Westfälische-Wilhelms-Münster.
Recibiu o premio TESE DE DOUTORAMENTO da Deputación de Pontevedra na convocatoria de 1998 e en 2001 o premio da crítica de Galicia-Investigación.
Foi membro do Consello Científico do Centro de Investigación Interuniversitario ECOBAS e coordinador do Grupo de Investigación en Economic Modeling and Forecasting (EMAF). Conta con 5 sexenios de investigación e transferencia (30 anos) recoñecidos pola Comisión Nacional Evaluadora de la Actividad Investigadora (CNEAI).
Información de contacto
Sala 1168