Transferencia e Divulgación

Transferencia e Divulgación


Xavier Labandeira, membro do comité de persoas expertas para a elaboración do Libro Branco sobre Reforma Fiscal (2021-2022)

O goberno español solicitou a un comité formado por académicas e académicos, dos ámbitos da Economía Pública e do Dereito Tributario, a elaboración dun informe que recollese un diagnóstico do sistema fiscal español e propostas de reforma en cinco grandes ámbitos.

O traballo de Labandeira no comité de persoas expertas centrouse no apartado da fiscalidade ambiental, que presentou un conxunto de propostas tributarias ben fundamentadas desde o punto de vista teórico e que buscaban contribuír á consecución dos compromisos ambientais de España. As propostas organizáronse en catro grandes áreas: fomento da electrificación, transporte sostible, circularidade e auga. O capítulo prestou unha especial atención á simulación empírica de boa parte das propostas anteriores, cun énfase nos impactos ambientais, recaudatorios e distributivos.