Persoal
Alberto Vaquero García é licenciado en Economía e Administración de Empresas (especialidade en Economía Pública) pola Universidade de Vigo, Graduado Social pola Universidad Complutense de Madrid, Mestrado en Economía da Educación e do Traballo pola Universidad Carlos III de Madrid e doutor en Economía pola Universidad Nacional de Educación a Distancia.
Foi profesor na Universidad Carlos III de Madrid e Asesor Especializado do Gabinete de Estudios del Consejo Económico y Social del Reino de España e Asesor do Gabinete de Estudios de la Ministra de Educación y Ciencia.
Actualmente é profesor titular e investigador no Departamento de Economía Aplicada da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo da Universidade de Vigo (Grupo GEN de investigación, Governance and Economic research Network, grupo referencia competitiva da Xunta de Galicia). Publicou diversos artigos de investigación en revistas nacionais internacionais indexadas e diferentes capítulos de libro internacionais e nacionais. As súas principais liñas de investigación son: Economía da educación, Economía Laboral, Economía Pública, Economía Rexional e Economía Social.
Información de contacto
Sala 2618