Iria García Lorenzo
Investigadora postdoutoral “Margarita Salas”

Doutora en Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión pola Universidade de Vigo e premio extraordinario de doutoramento en Ciencias Económicas e Empresariais. O súa formación previa foi multidisciplinar, contando con dúas licenciaturas, en Administración e Dirección de Empresas e en Publicidade e Relacións Públicas, e dous mestrados, en Finanzas e Dirección Financeira e en Xestión do Desenvolvemento Sostible. O seu traballo aborda o estudo da pesca a pequena escala e as comunidades pesqueiras dende unha perspectiva económica, social e financeira. As súas liñas de investigación céntranse en: a Nova Economía Institucional, a Teoría da Empresa, a Economía Social e Solidaria, a xestión do desenvolvemento sostible, a gobernanza dos recursos naturais, o desenvolvemento rural e as organizacións pesqueiras.

Actualmente forma parte do Centro de Investigación Interuniversitario ECOBAS e pertence ao grupo de investigación ERENEA (Economía dos Recursos Naturais e Ambientais). Desde xaneiro de 2022 atópase de estadía de investigación postdoutoral na Fisheries Economics Reseach Unit da University of British Columbia, en Vancouver, Canadá.

Información de contacto

Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Campus de Vigo
36310-Vigo
Despacho 154
+34 986 814007
iriagarcia@uvigo.gal
Despacho Virtual