David Soto Oñate
Posdoutoral Xunta

Doutor en Economía pola Universidade de Vigo. Foi investigador Fulbright no centro de investigación Ostrom Workshop (Indiana University) de 2018 a 2021 e actualmente está integrado no Post-growth Innovation Lab. Os seus principais campos de investigación son a Economía Institucional e a Economía Ecolóxica. Como economista aplicado, os seus traballos científicos abordaron diversos temas, desde os fundamentos institucionais do desenvolvemento económico á gobernanza de sistemas socioecolóxicos (nos terreos específicos da política climática, a economía circular, a pesca e o transporte de petróleo). A súa principal liña de investigación na actualidade trata sobre a gobernanza policéntrica nun orde social que limita o seu tamaño aos límites ecolóxicos. É investigador principal do proxecto de investigación ARCA e colabora nos proxectos europeos Prospera, JUST2CE e ExPliCit, ademais doutros proxectos de transferencia e divulgación (Postgrowth S.A. ou El Taller del Postcrecimiento).

Forma parte do Centro de Investigación Interuniversitario ECOBAS e é investigador afiliado do Ostrom Workshop (Indiana University, EEUU) e do grupo de investigación Institutions for Collective Action (Erasmus University Rotterdam, Países Baixos).

Información de contacto

Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Universidade de Vigo
36310-Vigo
davidsoto@uvigo.gal
Despacho Virtual
Sala 2878